GOZE DO MAR 365 DÍAS Ó ANO, SEN PERDER TERRA DE VISTA

MAPA DE SITUACIÓN E DESCRIPCIÓN

«MARINA
VILAGARCIA», ofrécelle unhas instalacións para que goce de todo o bo das Rías
Baixas, a zona máis carismática do turismo e a gastronomía en Galicia”.
«MARINA
VILAGARCIA», dispón de 450 amarres cuns calados de -3 a -5 mts. e
para esloras de ata 25 mts. A mariñeiría é bilingüe e cualificada,
para poder ofrecerlle o servicio de coidado a embarcacións con controis
quincenais, reservas de hoteis, recollida e traslado ós aeroportos próximos :
Santiago ou Vigo (30'), Estación de Ferrocarril (5´). Traslado de barcos a
outros portos, ou ós estaleiros, etc...
O
porto está a 10´ da Autoestrada do Atlántico e a 40 Kms. de Santiago de
Compostela; a
50 Kms. de Vigo. Está a 40 millas de Vigo-Baiona; a 8 da Pobra do Caramiñal a
12 de Sta. Uxía de Ribeira, a 14 de Cambados, 15 da Illa de Sálvora, etc.
FOTO AÉREA
Sobre
un excepcional e abrigado plano de auga de 26 Km², sitúase a ría de Arousa,
considerada dentro das singulares rías galegas, como a Ría por excelencia.
Situada no marco atlántico das Rías Baixas Galegas, consideradas por tódolos
mariños mercantes como abrigos óptimos, son por isto aínda máis excepcionais
e idóneas para a navegación deportiva. De clima moderado e soleado, abrigada
dos ventos e temporais do inverno, rodeada por unha excepcional paisaxe de
montes, vales, ríos, enseadas, portos, ... é un paraíso para o navegante
deportivo de todo o mundo xa que estas condicións “garanten” a navegación
calquera día do ano e ademais nunhas augas dotadas de numerosos portos de
recalada de gran encanto como son: RIANXO, CABO DE CRUZ, CARRIL, BOIRO, POBRA DE
CARAMIÑAL, PALMEIRA, RIBEIRA, O GROVE, A TOXA, CAMBADOS, VILAXOÁN, VILANOVA,
etc., ou o que é o mesmo, lonxas pesqueiras e marisqueiras de gran encanto,
casas museos de Valle Inclán, Castelao; o Parque Dunar de Corrubedo, as Illas
Malveiras, Cortegada, Arousa, Rúa, A Toxa, Xidoiros, Sálvora, etc., todo este
marco ó alcance da vista e dentro da navegación de unha a catro horas. Debe
destacarse tamén a espléndida gastronomía da zona, recoñecida en todo o
mundo polos seus mariscos, peixes e carnes.
| Gerente: | José Teijido Marcos |
| Contramaestre: | José Falcón Suárez. |
| Teléfono: | 34 986 511 175 |
| Fáx: | 34 986 512 792 |
| E-mail: | marinavilagarcia@marinavilagarcia.com |
| Enderezo postal: | Peirao de Pasaxeiros s/n. 36600 Vilagarcía de Arousa |